Comercio, Urbanismo

Vereda do Polvorín: nin mantemento na rúa, nin iluminación polo Nadal


Foto do parcheo feito a semana pasada

Foto do parcheo feito a semana pasada

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, quere denunciar o abandono que sofren a veciñanza e os comercios da rúa Vereda do Polvorín. Un abandono que se fai patente ao ver o asfaltado, as beirarrúas e a carencia de iluminación de Nadal da mesma.

Non hai máis que facer un percorrido dende o inicio, na avenida de Hércules, até a súa parte última, cruce Santo Tomás, para comprobar como o firme carece dun mantemento axeitado e, onde se fixo, fíxose a base de parchear dun xeito totalmente chapuceiro. O mesmo podemos dicir das beirarrúas, moitas delas coas lousas soltas ou levantadas.

Por outra banda, dende a nosa entidade denunciamos a marxinación á que son sometidos os comercios zona que teñen que ver como o Goberno Municipal decora a Zona Centro polo Nadal mentres que en Vereda do Polvorín non instalan ningunha iluminación. Outra mostra máis de que o noso barrio non entra dentro da folla de ruta do Partido Popular de melloras e apoio ao pequeno comercio.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario

Categorías

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

Somos entidade colaboradora co Servicio Voluntario Europeo