Comunicacións Directiva, Ecoloxía, Urbanismo

O Goberno Municipal tenta boicotear as mobilizacións no Campo da Leña


Foto da concentración. - 13Fotos

Foto da concentración. – 13Fotos

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, quere facer públicos os últimos acontecementos arredor do “Edificio número 30” do Campo da Leña e da andamiaxe que dende hai anos ocupa a beirarrúa.

A nosa entidade tivo coñecemento, mediante a veciñanza da zona, do intento por parte do Concello da Coruña de evitar o éxito das mobilizacións. Para conseguilo personáronse nos comercios baixo a premisa de que o Goberno Municipal atendera ás súas demandas e de que antes do día 1 de decembro estaría solucionado todo. Igualmente, convidáronnos a unha xuntanza co fin de falar do asunto onde habería membros do Concello.

Interrogadas as persoas enviadas, que se identificaron como membros do Partido Popular, de se a nosa entidade estaba informada e se o noso presidente estaría en dita xuntanza, estas respondenron que iso non sería posíbel e que era mellor manter á Asociación Veciñal á marxe das conversas. Cousa á que se opuxeron os comercios da zona advertindo ao Goberno Municipal do antidemocrático comportamento que están a ter.

Dende a nosa entidade consideramos exemplar a actitude dos comercios da zona e valoramos moi positivamente o traballo que están a facer loitando por mellorar o noso barrio. Do mesmo xeito denunciamos, perante ás veciñas e veciños, a forma de traballar que ten o Goberno Municipal de Carlos Negreira que volve empregar a división co fin de evitar protestas que poñan de manifesto o estado de abandono que sofren os nosos Barrios.

Nova mobilización o vindeiro mércores 3 de decembro ás 20:30 horas no Campo da Leña.

Por todo isto, chamamos dende a nosa entidade, a unha nova mobilización o vindeiro mércores 3 de decembro ás 20:30 horas no Campo da Leña. Mobilización que sexa mostra de dignidade e que lle demostre ao Goberno Municipal que as veciñas e veciños das Atochas – Monte Alto non nos deixamos enganar e que faremos o preciso para que se nos escoite e se nos teña en conta.

O Goberno Municipal de Carlos Negreira que volve empregar a división co fin de evitar protestas que poñan de manifesto o estado de abandono que sofren os nosos Barrios.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: