Comunicacións Directiva, Saúde

Solución Para Albada Xa


A Ronda de Monte Alto onte á noite.

A Ronda de Monte Alto onte á noite.

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, quere facer público o seu posicionamento, logo de recibir un número importante de queixas veciñais, perante a folga que dende hai días manteñen as traballadoras e traballadores de Albada e que está a afectar á recollida do lixo nas nosas rúas.

En primeiro lugar, esiximos ao Concello da Coruña que medie dunha vez neste conflicto. Non entendemos como Carlos Negreira, alcalde e máximo responsábel deste organismo, non intercede na procura dunha pronta solución e máis cando estamos a falar de bolsas de lixo que se amorean ao redor dos colectores de lixo, suciedade, maos olores que son foco de infeccións podendo desembocar nun grave risco para a saúde pública.

En segundo lugar, esiximos ao Concello da Coruña un desconto nas facturas do lixo dos días que este non foi nin recollido nin procesado. A nosa entidade chama á veciñanza a facer valer os seus dereitos reclamando a devolución dos cartos dos días de folga.

En terceiro lugar, amosamos o noso apoio co cadro de persoal de Albada e amosamos a nosa solidariedade coas traballadoras e traballadores despedidas/os. Do mesmo xeito solicitamos que se manteñan os seus dereitos laborais.

Finalmente anunciar que, de non resolverse o conflicto, sumarémonos as veciñas e veciños de Nostián na convocatoria dunha mobilización cidadá.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: