Comunicacións Directiva, Cultura

Comunicado Oficial Festas Atochas – Monte Alto 2013


Actuación Pirilampo Festas Atochas - Monte Alto 2012. / 13Fotos

Actuación Pirilampo Festas Atochas – Monte Alto 2012. / 13Fotos

Información de Última Hora: No día de onte a Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre acudiu a unha xuntanza co Concello da Coruña no Ágora onde falamos do tema das Festas dos Barrios.

Logo do acontecido no ano 2012 onde boicotearon até o último minuto a súa celebración, onte obrigaron á nosa entidade a celebralas co colectivo creado, organizado e financiado polo proprio Partido Popular no barrio: “Asociación de Vecinos y Comerciantes de Monte Alto”

A nosa resposta foi clara e facémola pública: “a soberanía da nosa entidade, con 36 anos de historia, non vai ser sometida aos mandados de ninguén” e déuselles un ultimatum: “se queren colaborar, como Concello, nas festas das Atochas – Monte Alto 2013, teñen até o 31 de Maio para facenos a súa proposta nun escrito oficial e asinado pola propria concelleira Ana Fernández. Se o día 31 non temos esa carta no noso poder, as festas Atochas – Monte Alto celebraránse totalmente co apoio da nosa veciñanza, libres das cadeas do Goberno Municipal.”

Queremos facer público o noso posicionamento para que a veciñanza coñeza os feitos. Grazas por estar con nós!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: