Comunicacións Directiva

A Fundación Paideia e a nosa entidade chegan a un acordo de colaboración


O acordo será durante un ano.

O acordo será durante un ano.

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, informa do acordo entre a Fundación Paideia e a nosa entidade.

Como é ben sabido, o Concello da Coruña decidiu no ano 2013 retirar o convenio nominativo que axudaba ao noso colectivo a manter aberta a Biblioteca Veciñal dende o ano 1984. A decisión, tomada por parte do Goberno Municipal do Partido Popular, veu motivada polo noso traballo a nivel social e cultural en defensa das veciñas e veciños das Atochas – Monte Alto. O Concello, lonxe de colaborar, tentou afogar economicamente á nosa entidade a través deste sistema de represalia.

No seu momento, tras varias asembleas e mobilizacións multitudinarias, as veciñas e veciños decidiron que o mellor era aumentar o número de asociados co fin de chegar a manter o local de xeito autofinanciado sen incrementar a cota mensual. A meta fixada eran 1000 persoas.

Logo de iniciar unha forte campaña de captación na que o apoio popular e a implicación dos asociados foi determinante, acadouse a cifra das 800 persoas afiliadas. Un número que, aínda que nos achega ao obxectivo, non serve para manter a actividade da Biblioteca Veciñal nas mesmas condicións que até o de agora.

“Este acordo foi valorado moi positivamente pola Asemblea Anual celebrada no día de onte, que envía un profundo agradecemento á Fundación Paideia.”

A Xunta Directiva, vendo a situación, procurou solucións temporais que serviran para gañar tempo co fin de chegar á meta fixada. Neste sentido, acudiu á Fundación Paideia, entidade de recoñecida labor social, na procura de puntos comúns de colaboración que, finalmente, serviron para tender pontes e, grazas á súa axuda, gañar o tempo preciso.

Este acordo foi valorado moi positivamente pola Asemblea Anual celebrada no día de onte, que envía un profundo agradecemento á Fundación Paideia, e acordou que, no ano 2015, a Biblioteca Veciñal das Atochas – Monte Alto acade por fin a liberdade económica que lle permita continuar coa súa actividade cultural e labor social como vén facendo dende hai 38 anos.

Advertisements

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Acordo entre a AA.VV. e a Fundación PaideiaBarrio de Monte Alto - Febreiro 28, 2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: