A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules pedirá explicacións ao Concello da Coruña polo estoupido dunha tubaxe no Campo da Leña afectando ao firme da calzada así como á circulación normal da zona.
Do mesmo xeito, advertir ao Goberno Municipal que dito suceso podería ter causado algunha desgraza polo grande número de nenas e nenos que transitan o lugar a certas horas do día.
Non é a primeira vez que acontece algo similar. É ben sabido que a rede de abastecemento de auga da cidade, e máis concretamente nas Atochas – Monte Alto, carece dun mapa de canalizacións. Esto xa ten provocado problemas á hora de instalar o gas, electricidade….
Polo tanto agardamos unha investigación do acontecido, que se depuren responsabilidades e que se proceda á reparación urxente. A veciñanza agarda resposta.
Conversa
Aínda non hai comentarios.