torre

This tag is associated with 17 posts

ISTO É UNHA VERGOÑA

Agra de Santo Amaro: Limpeza e acondicionamento xa!!
Concentración o sábado 25 de setembro ás 12:30 h na Agra de Santo Amaro, á altura do número 61 da Avenida de Navarra. Seguir lendo

A horta comunitaria recolle o grande traballo deste ano.

Este ano o grupo renovado que traballa a Horta urbana comunitaria, na parcela cedida polo Concello da Coruña á Asociación Veciñal, fixo unha grande labor. Ademais de plantas aromáticas hai cabaciños, tomates e cherrys, pementos… Dá xenio ver os bancais! Pedímoslle a veciñanza que respete o esforzo realizado polas persoas que levan a horta, e … Seguir lendo

O penoso estado das Hortas comunitarias.

Solicitamos ao Concello que repare a infraestrutura das Hortas Urbanas do barrio. Seguir lendo

Logo de falar con case unha trintena de comercios, a A.V. Atochas – Monte Alto solicita a implementación dun Plan de Mellora e Dinamización Comercial na Rúa da Torre.

A Asociación Veciñal, recollendo as suxestións dos comerciantes e hostaleiros afectados, solicita a implementación dunha serie de medidas que supoñan unha verdadeira mellora e revitalización desta área comercial. Seguir lendo

Novidades sobre os traballos na rúa da Torre e Zalaeta.

Onte tivo lugar o encontro aberto á veciñanza cos concelleiros de Rexeneración Urbana e Mobilidade, Xiao Varela e Daniel Díaz Grandío, para informar sobre os traballos de mellora na rúa da Torre, que comezarán o mes de maio e durarán finalmente arredor de catro meses. Como novidades ao que xa nos informaran na xuntanza previa … Seguir lendo

Encontro co concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, sobre as obras de mellora da rúa da Torre.

O pasado venres, 23 de marzo, tivo lugar un encontro entre o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, e representantes da Asociación Veciñal de Montealto, para facilitarnos información sobre os traballos que se van a realizar na rúa da Torre. Adiantamos por aquí o comentado, de cara a próxima xuntanza do mércores 28. Seguir lendo

Xuntanza informativa sobre o proxecto de mellora da rúa da Torre

En resposta ao compromiso adquirido coa Asociación Veciñal de reunirse e informar aos comercios e veciños afectados polas obras, o Concello convoca unha xuntanza informativa o vindeiro mércores 28 de marzo ás 19,30 h no Centro Cívico de Monte Alto, na que se ofrecerá información  sobre o proxecto de mellora da rúa da Torre, e … Seguir lendo

O Apalpador chega á Coruña!!

Nenas e nenos da Nosa Terra:   Anunciamos que o Apalpador vén de camiño á cidade da Coruña e chegará o Sábado 15 ás 17:00 horas ao colexio Curros Enríquez. Contará as historias que lle aconteceron camiño ao noso barrio e vos ensinará a fermosa música do grupo Pirilampo. Sábado 15- Recebemento do Apalpador. CEIP … Seguir lendo

E.I.M. Luís Seoane: Compromiso por escrito do Concello

Hai uns meses, logo de poñerse en contacto a ANPA da Escola Infantil Municipal Luis Seoane, solicitamos por escrito ao Concello da Coruña os prazos para a construcción dunha cuberta para os carriños. Hoxe recibimos dita contestación que poñemos en coñecemento de todas e todos vós. Grazas por loitar ao noso carón!

10 Setembro: Prazo Máximo Entrega Asinaturas Durmideiras

Informamos ás veciñas e veciños de que o vindeiro Luns 10 Setembro é o prazo máximo acordado pola Asemblea Veciñal Aberta para entregar as asinaturas na Biblioteca Pública do Campo de Marte. Pregamos un último esforzo para paralizar o que xa é coñecido como “O Pelotazo das Durmideiras e Agra Santo Amaro”. Recordamos que o … Seguir lendo

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil