alto

This tag is associated with 22 posts

O Apalpador chega á Coruña!!

Nenas e nenos da Nosa Terra:   Anunciamos que o Apalpador vén de camiño á cidade da Coruña e chegará o Sábado 15 ás 17:00 horas ao colexio Curros Enríquez. Contará as historias que lle aconteceron camiño ao noso barrio e vos ensinará a fermosa música do grupo Pirilampo. Sábado 15- Recebemento do Apalpador. CEIP … Seguir lendo

Melloras para o Barrio, Boicot para a Asociación

A Coruña, 11 Outubro 2012.- A loita social emprendida pola Asociación de Veciñas e Veciños das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules consegue que o Goberno Municipal, pese ao boicot ao que está a someter á nosa entidade, emprenda as obras de mellora demandadas pola veciñanza. Polo que puidemos comprobar estes días, o … Seguir lendo

E.I.M. Luís Seoane: Compromiso por escrito do Concello

Hai uns meses, logo de poñerse en contacto a ANPA da Escola Infantil Municipal Luis Seoane, solicitamos por escrito ao Concello da Coruña os prazos para a construcción dunha cuberta para os carriños. Hoxe recibimos dita contestación que poñemos en coñecemento de todas e todos vós. Grazas por loitar ao noso carón!

Queres colaborar coas festas? Fai unha pequena doazón.

Caixa de Resistencia Veciñal Veciña, veciño!! Como ben sabes, por diferenzas co Goberno Municipal, o custo total das festas vai ser cuberto pola nosa entidade veciñal sendo iste moi elevado. Por ese motivo, e sendo conscientes da crise social e económica que estamos a padecer as traballadoras e traballadores, instalaremos pequenas Caixas de Resistencia Veciñal … Seguir lendo

Especial Festas Atochas – Monte Alto!!

NON HAI FESTA COMO ESTA!! Benvidas e benvidos á páxina oficial das “Festas Atochas – Monte Alto 2012”!! Como ben sabedes, cada ano, a segunda fin de semana de Setembro, celebramos as festas dos barrios máis emblemáticos da cidade da Coruña. Este 2012, por problemas co Concello da Coruña, o programa de festas viuse alterado … Seguir lendo

10 Setembro: Prazo Máximo Entrega Asinaturas Durmideiras

Informamos ás veciñas e veciños de que o vindeiro Luns 10 Setembro é o prazo máximo acordado pola Asemblea Veciñal Aberta para entregar as asinaturas na Biblioteca Pública do Campo de Marte. Pregamos un último esforzo para paralizar o que xa é coñecido como “O Pelotazo das Durmideiras e Agra Santo Amaro”. Recordamos que o … Seguir lendo

Haberá Festas Atochas – Monte Alto 2012

A CORUÑA, 30 AGOSTO 2012.- A Asociación de Veciñas e Veciños das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, quere facer pública a súa resposta ante as mentiras ás que se aferran tanto a Concellaría de Cultura como o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE). En primeiro lugar dicir que, … Seguir lendo

Suspéndense as Festas Atochas – Monte Alto 2012

“A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules comunica a suspensión das festas do barrio o Sábado 8 de Setembro.” A Coruña, 28 Agosto 2012.- A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, fai saber que se suspenden, oficialmente, as festas do … Seguir lendo

Intento de división de Martín Fernández Prado

A Asociación de Veciñas e Veciños das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, denuncia o intento de división veciñal por parte do Concello da Coruña non querendo recibir á “Comisión de Afectadas e Afectados das Durmideiras” escollida democraticamente polas veciñas e veciños do polígono en asemblea e que … Seguir lendo

Exposiçom de Fotografias das Atochas

Hoxe, Martes 21 Agosto, ás 20:30, no “Mentireiro” a “Comisión de Afectadas e Afectados das Durmideiras” falará da loita que estamos a manter contra o plan do PXOM na Agra de Santo Amaro e o edificio na Canteira das Durmideiras. NON FALTEDES!!

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil