a coruña

This tag is associated with 30 posts

Reclamamos que se evite o peche da sucursal de Abanca en Orillamar.

A Asociación Veciñal, ante as novas de que Abanca pretende pechar a oficina de Orillamar, e ante a continua perda de servizos bancarios no barrio, reclama tanto da Administración como da propia entidade que se manteñan os servizos á veciñanza. Seguir lendo

Desfrutade dun San Xoán seguro!

Este ano a situación creada polo COVID-19 vai provocar que a forma de celebrar o San Xoán sexa diferente a como se viña facendo nos últimos tempos. En certa maneira é unha volta ao que se fixo tradicionalmente no barrio, con grupos de familias e amizades dispersos polas rúas, só que sen cacharelas, porque haberá … Seguir lendo

Recuperamos o préstamo de libros na Biblioteca Veciñal

Debido as novas medidas de desescalada do confinamento, a partir de mañá martes 12 de maio, a Biblioteca Veciñal, no Campo de Marte, atenderá a porta pechada para préstamo e devolución de libros, en horario de 10 a 12 horas. Non se abre ao público, nin para lectura ou uso de ordenadores, senón exclusivamente para … Seguir lendo

Somos finalistas na Gala do Libro Galego 2020 !

A Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto – A Torre nomeada finalista na Gala do Libro Galego 2020 na modalidade Iniciativa Cultural ou de Fomento da Lectura. Seguir lendo

Presentación do libro “As Fauces Feroces” de Enma Pedreira

O xoves 13 de febreiro, ás 19:30h na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, presentación de Enma Pedreira: As Fauces Feroces, acompañada de Laura Rey Pasandín e Mercedes Leobalde. Non o perdades! Seguir lendo

Conferencia, baile e repichoca: Amaro, o santo Navegante.

O mércores 15 de xaneiro, parolada musical ás 19: 30h na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte na compaña da historiadora Carmela Galego e de Xurxo Souto. Seguir lendo

O Apalpador visita Monte Alto

Continuando co ciclo de actividades para que as crianzas descubran, coñezan e gocen do que o noso barrio ofrece, este sábado día 14 de decembro a partir das 11:30h, recibiremos ao Apalpador na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte. Para animar o encontro haberá contos da man de Caxoto, e tamén música por parte de … Seguir lendo

VIVINDO O BARRIO: O Magosto do Noso Patio.

Continuando co ciclo de actividades que comezamos o mes pasado no Mercado, este sábado día 16 ás 18h, celebramos “O Magosto do noso Patio” na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte. Haberá castañas e festa, acude!! Seguir lendo

Horta Urbana Comunitaria de Monte Alto: Novo prazo de inscrición

De cara ao traballlo na Horta Urbana Comunitaria de Monte Alto para o próximo ano 2020, abrimos o prazo de inscrición para 10 novas persoas, dende o próximo día 15 ata o 3o de novembro, ambos incluídos. Seguir lendo

Conseguido!: Melloras que logramos nas últimas datas.

Lembramos algunhas das demandas que se resolveron con éxito para mellorar o noso barrio. Seguir lendo

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil