Curso Iniciación ao Guión

INFORMACIÓN DO CURSO

  • Para quen vai dirixido? Para persoas sen experiencia e para persoas con experiencia previa.
  • Quen impartirá o curso? O curso será impartido por Carlos Ares.
  • Datas: 9, 16, 23, 30 Abril / 7 Maio
  • Horario: 19:00 – 21:00
  • Prezo: 20 euros
  • Número máximo asistencia: 20 persoas.
  • Modo de Pagamento: Na propia Biblioteca Veciñal ou, se queredes facelo polo banco, chamando ao 981-222-635 para darvos o número de conta.

TEMARIO DAS CLASES

O curso terá un forte contido práctico. Nas clases faranse varios exercicios na que se elaboraran tramas, escaletas (lista de escenas que forman parte dunha serie ou película) e mesmo diálogos.

No curso trataranse os seguintes temas:

– Os diferentes xéneros e formatos nas series de TV. A evolución destes formatos ata a actualidade.

– Estamos vivindo realmente unha idade de ouro da TV?

– A busca de tramas para a serie. Como facer unha escaleta para unha serie. Como dotar de ritmo as secuencias.

– Da escaleta aos diálogos.

– Como dotar aos diálogos de interese. Requisitos do dialogo dramático.

– A estrutura dos episodios. Como enganchar ao espectador desde o primeiro momento ata o final do episodio.

– Os puntos de xiro do guión. O conflito.

– Aplicación de todo isto aos diferentes formatos con exemplos e prácticas en clase.

– A experiencia do profesor como guionista profesional desde hai case vinte anos.

Todo isto vaise acompañar nas clases con casos prácticos: Estudio, análise e comentarios de fragmentos de series de ficción. Entre elas, as creadas e escritas polo profesor.

FORMULARIO INSCRIPCIÓNINICIACIONGUION [PECHADO]

 

 

Conversa

One thought on “Curso Iniciación ao Guión

  1. Espero que se repita ese curso no futuro. Non puiden apuntarme e gustaríame moito facelo. un saúdo. T

    Posted by Tamara | Maio 28, 2015, 6:51 pm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: