Urbanismo

This category contains 112 posts

Denunciamos a situación do solar do antigo Bar Odilo e Casa das Atochas.

A A.V. Atochas – Monte Alto trasmite as queixas da veciñanza polo estado de abandono do solar, e pola situación do guindastre, rodeado de vivendas e próximo a cables eléctricos que colgan de fachada a fachada. Seguir lendo

Cancelado o encontro aberto coa Concelleira.

Ante a controversia que se está a xerar pola realización do encontro durante a campaña electoral, e temendo vernos envoltos en polémicas partidistas ou electoralistas que non nos corresponden, decidimos anular esta actividade ata novo aviso. Seguir lendo

Encontro aberto coa Concelleira de Medio Ambiente sobre o proxecto de renovación do Campo de Marte.

O mércores día 15 de maio ás 19:30h na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, encontro aberto: Proxecto de renovación do Campo de Marte. O documento está á vosa disposición no mesmo local. Seguir lendo

O Concello pretende talar as árbores do Cemiterio de Santo Amaro

Esiximos que se paralice de forma urxente a tala inxustificada destas árbores, que incumpre o obxecto do obradoiro, porque non é acondicionamento e mellora dos xardíns adxacentes ao camposanto, como anunciou a Consellería de Emprego, senón a súa destrucción. Seguir lendo

ACCIÓN REIVINDICATIVA: CACAS NON! CEIP SANJURJO DE CARRICARTE

Apoiamos cción de sensibilización que a comunidade educativa do CEIP Sanjurjo de Carricarte pon en marcha o venres 5 de abril de 16 a 18h, para concienciar as persoas sobre a necesidade de recoller as excrecións caninas que se depositan na pista contigua ao centro baixo o lema “ CACAS NON”. Seguir lendo

A A.V. Atochas – Monte Alto – A Torre e Defensa do Común reclaman a parcela de Adelaida Muro para equipamento público

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre e Defensa do Común mantivemos un encontro o pasado luns, no que acordamos emprender varias accións dirixidas a evitar a poxa que o Ministerio de Defensa pretende levar a cabo da parcela situada na rúa Adelaida Muro, unha parcela de 375 m2 cunha edificabilidade … Seguir lendo

Esiximos a limpeza e rehabilitación da Praza entre as rúas Touro e Coronel Cerviño Núñez.

Insistimos na necesidade da limpeza e rehabilitación da Praza entre as rúas Touro e Coronel Cerviño Núñez. Seguir lendo

DEFENSA DO COMÚN CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O SÁBADO CONTRA A POXA DE DEFENSA DO SOLAR DE ADELAIDA MURO

Concentración ás 12,30 horas do sábado 20 de outubro, diante do número 24 da rúa Adelaida Muro, esixindo a súa devolución gratuíta. Seguir lendo

Que foi das melloras solicitadas na pista de San Xosé?

Analizamos o resultado dos traballos realizados na pista de San Xosé. Seguir lendo

Solicitamos ao Concello actuacións na rúa San Lourenzo e Marola

O pasado día 18 deste mes de xuño, presentamos solicitude ao Concello para que inicie a segunda fase dos traballos na rúa Marola, dado que xa no mes de marzo a Concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda nos informara de que o inicio das obras era inminente. Por outra banda, tamén demandamos actuacións … Seguir lendo

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil