Terceira Idade

This category contains 56 posts

Conceden á nosa entidade unha das hortas urbanas educativas – comunitarias no parque Carlos Casares

O proxecto impulsado polo Centro Xuvenil Abeiro, a Escola Infantil de Monte Alto e a nosa entidade veciñal está a piques de comezar logo de que a Concellaría de Medio Ambiente confirmara, no día de hoxe, a concesión definitiva dunha das tres parcelas no parque Carlos Casares para poñer en marcha a idea dun horto … Seguir lendo

Inicio do proxecto: “Farmacéuticos Comunitarios”.

A entidade quere informar que, o vindeiro mércores 30 de marzo, ás 18:30, haberá na Biblioteca Veciñal a primeira das charlas sobre o emprego de medicamentos. Do mesmo xeito, faranse medidas de presión arterial, índice de masa corporal e ácido úrico a 20 veciñas e veciños que se anoten. Ditas probas, realizadas por profesionais da … Seguir lendo

Actividades no Centro Cívico do Barrio para o mes de marzo.

Dende a dirección do Centro Cívico de Monte Alto fannos chegar o programa de actividades do mes de marzo por se fose do voso interese. + Enderezo: Praza dos Avós s/n (Vereda do Polvorín) + Información: 981 – 184 – 371 + Contacto: ccmontealto@coruna.es  VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE Nela poderase admirar o mar e as … Seguir lendo

O Concello da Coruña non amplía a liña 17 até o Materno Infantil – Oncolóxico pero crea liñas especiais para a Copa do Rei de Baloncesto.

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, queremos facer público o posicionamento da entidade perante o silencio administrativo por parte da Concellaría de Mobilidade á petición de ampliación da liña 17 até o Materno Infantil – Oncolóxico. Logo da xuntanza o pasado 17 de febreiro co concelleiro Daniel Díaz, … Seguir lendo

Comeza o proceso participativo: “Monte Alto 2.0. Construir un novo barrio, decidir colectivamente.”

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, informa que, a finais do mes de febreiro, lanzará unha nova iniciativa de participación baixo o nome de “Monte Alto 2.0. Construir un novo barrio, decidir colectivamente”. Dito proceso, que será aberto a todas as persoas e colectivos do barrio, procurará ser … Seguir lendo

Mercado de Monte Alto: Urxencia e necesidade de reforma no 2016.

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, insta ao Goberno Municipal da Marea Atlántica a que poña enriba da mesa unha data para a reforma do Mercado de Monte Alto. “Para achegar dun xeito construtivo as nosas suxestións e desbloquear o proceso de reforma, a nosa … Seguir lendo

Reunión informativa sobre a “Horta Urbana Educativa-Comunitaria”

Informamos que, o vindeiro xoves 19 de novembro ás 20:00 horas, na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, vaise celebrar unha reunión coa finalidade de comentar as últimas novidades sobre o proxecto de “Horta Urbana Educativa-Comunitaria” impulsada polo Centro Xuvenil Abeiro dentro do programa “A Quinta Pata”. Como sempre, a nosa entidade apoia dito proxecto. … Seguir lendo

Xa podedes asinar dixitalmente a petición de mellora da liña 17

Informamos que xa se pode asinar dixitalmente a petición de ampliación e mellora de frecuencias da liña de bus 17 ao Materno – Oncolóxico e a eliminación do pago do novo aparcadoiro para as persoas que precisen acudir aos centros hospitalarios. Recordamos que calquera persoa pode asinala. NOTA: Cando asinedes a petición, comprobade de poñer … Seguir lendo

Entregados catro solicitas no Concello: Pista San Xosé, Liña 17, Pintor Román Navarro e Rúas Suevia, Colón…

Dende a entidade veciñal informamos que esta mañá rexistramos, no Concello da Coruña, catro solicitudes de melloras no Barrio relacionadas con urbanismo, mobilidade e deportes. Unhas peticións que xa se fixeron co goberno anterior e que recuperamos coa finalidade de que sexan atendidas o antes posíbel. + A primeira delas, a mellora da rúa Pintor … Seguir lendo

Programación “Festas Monte Alto 2015”: A unión fai a forza!

Chegan, un ano máis, as “Festas Monte Alto” e, desta volta, con moitas novidades en actividades. Logo de diversas xuntanzas, un grupo de colectivos e locais do Barrio decidimos unir as nosas forzas coa finalidade de mudar o concepto de festividade que, até o de agora, viña facéndose na nosa cidade. Agradecer ao Concello da … Seguir lendo

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil