Ecoloxía

This category contains 93 posts

Xuntanza sobre a horta urbana educativa comunitaria.

Informamos que mañá, ás 20:00, na nosa Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, haberá unha xuntanza para falar da nova horta educativa comunitaria que será entregada á entidade veciñal por parte do Concello da Coruña. En dita reunión serán dous os puntos a tratar: Funcionamento de traballo na horta. Primeiros pasos a seguir.  

“En defensa do ceo nocturno. A contaminación lumínica.” este venres 21 ás 20:00 na nosa Biblioteca Veciñal

Este venres 21, ás 20:00 horas, na nosa Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, a “Agrupación Astronómica Coruñesa Ío” ofrecerá unha charla sobre a contaminación lumínica na nosa cidade e os efectos negativos tanto para o medio ambiente como para as veciñas e veciños do Barrio.

Aprobada por unanimidade a modificación do PXOM para protexer a Torre e Durmideiras.

Informamos ás veciñas e veciños que, no día de onte, o Pleno Municipal aprobou por unanimidade a modificación do PXOM para a protección da contorna da Torre de Hércules e para evitar a futura construcción de edificios na Praza Galatea (Canteira de Durmideiras). Podedes ler a nova no xornal “La Opinión”: “La Corporación aprueba por … Seguir lendo

Conceden á nosa entidade unha das hortas urbanas educativas – comunitarias no parque Carlos Casares

O proxecto impulsado polo Centro Xuvenil Abeiro, a Escola Infantil de Monte Alto e a nosa entidade veciñal está a piques de comezar logo de que a Concellaría de Medio Ambiente confirmara, no día de hoxe, a concesión definitiva dunha das tres parcelas no parque Carlos Casares para poñer en marcha a idea dun horto … Seguir lendo

Concedida provisionalmente unha das hortas do parque Carlos Casares.

Informamos á nosa veciñanza de que, o pasado día 1 de agosto, a Concellaría de Medio Ambiente fixo pública a resolución pola que concede, provisionalmente, unha das futuras parcelas do parque Carlos Casares á nosa entidade. Recordar que en dito proxecto, no que levamos tempo traballando, están colaborando a Escola Infantil Municipal de Monte Alto … Seguir lendo

Comeza o proceso participativo: “Monte Alto 2.0. Construir un novo barrio, decidir colectivamente.”

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, informa que, a finais do mes de febreiro, lanzará unha nova iniciativa de participación baixo o nome de “Monte Alto 2.0. Construir un novo barrio, decidir colectivamente”. Dito proceso, que será aberto a todas as persoas e colectivos do barrio, procurará ser … Seguir lendo

Reunión informativa sobre a “Horta Urbana Educativa-Comunitaria”

Informamos que, o vindeiro xoves 19 de novembro ás 20:00 horas, na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, vaise celebrar unha reunión coa finalidade de comentar as últimas novidades sobre o proxecto de “Horta Urbana Educativa-Comunitaria” impulsada polo Centro Xuvenil Abeiro dentro do programa “A Quinta Pata”. Como sempre, a nosa entidade apoia dito proxecto. … Seguir lendo

#SOSSAHARA Situación de emerxencia nos campamentos saharauis.

Logo das recentes inundacións nos campamentos de refuxiados saharauis, a nosa entidade veciñal súmase á campaña #sossahara coa finalidade de dar cobertura internacional á situación de emerxencia que están a vivir. Por ese motivo, en colaboración coa organización Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, faremos unha charla – videoforum o vindeiro xoves 5 de novembro ás … Seguir lendo

Xa podedes asinar dixitalmente a petición de mellora da liña 17

Informamos que xa se pode asinar dixitalmente a petición de ampliación e mellora de frecuencias da liña de bus 17 ao Materno – Oncolóxico e a eliminación do pago do novo aparcadoiro para as persoas que precisen acudir aos centros hospitalarios. Recordamos que calquera persoa pode asinala. NOTA: Cando asinedes a petición, comprobade de poñer … Seguir lendo

Comezamos a recollida sinaturas

Hoxe comezamos a recollida de sinaturas para a mellora da liña de bus número 17 que conecta o noso Barrio cos centros hospitalarios e a eliminación do cobro do novo aparcadoiro situado no Materno Infantil – Oncolóxico. Se queredes descargar o documento para repartir ou recoller sinaturas: Descargar “Folla de Sinaturas Bus 17” (Colocar cursor … Seguir lendo

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil