Cultura

This category contains 89 posts

XI Lúas de Outono. Homenaxe a Manuel María

A Casa-Museo Manuel María organiza no Teatro Rosalía a XI edición de Lúas de Outono, a homenaxe anual ao poeta na cidade. Un espectáculo guiado por Xurxo Souto coa participación de Miro Casabella, Uxía e o trío Molime.
Será o mércores 25/09/2019 ás 20.30 h, con entrada libre até completar capacidade.
Seguir lendo

Presentación do libro “O bestiario científico de Anxos Nogueirosa” de Antonio M. Fraga

O próximo xoves 27 de xuño ás 20:30 h na Biblioteca Veciñal (Campo de Marte, S/N), presentación de O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, coa realización dun roteiro virtual arredor do libro a cargo do seu autor, Antonio M. Fraga Seguir lendo

Presentación do libro “Remexido de patacas” de Eli Ríos

O próximo xoves 23 ás 20:30 h. na Biblioteca veciñal terá lugar a presentación do libro “Remexido de patacas” de Eli Ríos. Sinopse: A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a … Seguir lendo

Presentación do libro “As mans da terra” de Laura Rey.

O próximo xoves 4 de abril, ás 20 horas na Biblioteca veciñal do Campo de Marte, a escritora Laura Rey Espasandín, acompañada de Enma Pedreira, realizará a presentación literaria da súa última novela As mans da terra, unha homenaxe ao mundo labrego e, sobre todo, ao mundo das mulleres do rural para poñer en valor … Seguir lendo

Conferencia de Xosé Alfeirán: CHOQUEIROS vs. MASCARITAS

O próximo xoves 28 de febreiro ás 20:00h, na Biblioteca da Asociación Veciñal de Monte Alto, contaremos coa presenza de Xosé Alfeirán, que nos falará da “Breve crónica histórica do carnaval coruñés” que vén de publicar coa finalidade de recuperar a tradición popular do entroido local. Seguir lendo

Presentación da novela “Besta do seu Sangue” de Enma Pedreira, na Biblioteca Veciñal

O próximo xoves 31 de xaneiro ás 20h, convidamos á nosa veciña Enma Pedreira a falarnos da súa novela “Besta do seu Sangue” na Biblioteca Veciñal (Campo de Marte). Esta obra, Premio Xerais de Novela 2018, relata con grande orixinalide unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta, “o sacaúntos”, que no … Seguir lendo

Concedéronnos o Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade, na súa 2ª Edición.

O premio “Marcelino Liste, Xustiza e Liberdade”, inspirado polo club de opinión Foro Cívico e co patrocinio institucional da Deputación e do Concello da Coruña, rende unha homenaxe pública á traxectoria de Marcelino Liste, presidente da Federación de Asociacións Veciñais durante os últimos anos de Franquismo e a Transición, e que tivo un papel fundamental … Seguir lendo

Presentación do último traballo de Xurxo Souto na Biblioteca Veciñal

O próximo mércores 14 de novembro ás 20:00h, contaremos coa presenza de Xurxo Souto na Biblioteca Veciñal (no Campo de Marte, a carón do CEIP Curros Enríquez) Seguir lendo

Así foron as festas…

Despois duns días recompilando material gráfico, queremos compartir convosco un pequeno álbum do desenvolvemento das Festas de Monte Alto 2018, e por suposto, queremos trasladar o noso inmenso agradecemento á veciñanza, e a artistas e entidades colaboradoras pola súa participación, e pola axuda prestada. Deixámosvos aquí un recordo: Xornada do venres 31 de agosto:   … Seguir lendo

Xa están aquí as festas do barrio!!

Fantan só horas para que comece o programa de festas deste ano. Lembrade que podedes consultar toda a programación e novas no blog específico das festas: https://festasbarriomontealto.wordpress.com/ Seguir lendo

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil