Comunicacións Directiva, Urbanismo

ISTO É UNHA VERGOÑA


Estado das instalacións próximas á Torre de Hércules.

Lixo, maleza, ratas, refugallos e materiais abandonados contaminantes, galpóns e naves en ruína, insalubridade, pequenos incendios… A parte superior da Agra de Santo Amaro, especialmente a lindante co frontón e os campos de fútbol da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias, permanece nun estado tan lamentable que constitúe unha vergoña para a cidade e un perigo para a veciñanza.

Despois de anos de denuncia e de termos recibido na Asociación Veciñal promesas e explicacións varias por parte dos sucesivos gobernos municipais, todo segue igual. Os veciños e veciñas sufrimos a diario esta situación, e os visitantes da Torre de Hércules observan atónitos como o contorno dun elemento catalogado como Patrimonio da Humanidade non recibe a atención nin o coidado que corresponden.

Esta zona da cidade está pendente dun “Plan Especial da Torre de Hércules”, previsto no PXOM que entrou en vigor hai xa oito anos, plan que aínda non foi aprobado, pero nin este feito nin tampouco o proceso xudicial no que parecen estar envoltos o Concello e os antigos propietarios son desculpa para acometer as labores de limpeza de fincas e retirada de refugallos que son de obrigado cumprimento tanto para as administracións públicas como para propietarios particulares.

É por iso que vos convocamos a unha concentración de denuncia, o próximo sábado 25 de setembro ás 12:30 horas na Agra de Santo Amaro, á altura do número 61 da Avenida de Navarra.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: