Comunicacións Directiva, Urbanismo

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO PORTO


O próximo domingo día 30 de maio, partirá da Praza da Palloza con destino a María Pita unha manifestación en defensa do porto e da fachada marítima da cidade, convocada por diversas entidades, entre as que nos contamos a Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto – A Torre. Nos próximos días, realizaremos actividades informativas sobre os proxectos especulativos que se preparan, e sobre as iniciativas da veciñanza da Coruña para evitar esta confabulación urbanística que se está organizando a conta da nosa cidade, e con extraordinarias ganancias para uns poucos.

Se algo nos mostrou esta pandemia, é a necesidade do desenvolver e mellorar de forma integral os barrios como espazos saudables. É unha medida fundamental para responder ás necesidades inmediatas e tamén para que a recuperación post-pandemia a longo prazo estea baseada no benestar da poboación, a concreción dos seus dereitos e o respecto da contorna, así como na integración e igualdade no acceso a servizos e espazos públicos.

O deseño dos peiraos interiores debe realizarse dun xeito transparente e participativo, que facilite a implicación da cidadanía. Por iso consideramos que é moi importante que toda a veciñanza se manteña informada, e se implique nas mobilizacións para evitar proxectos que non teñen por finalidade o benestar e o dereito a un hábitat urbano de calidade para todas e todos, senón alimentar intereses particulares alleos a cidadanía.

Por iso, agardamos vervos na rúa defendendo a nosa cidade: A CORUÑA NON SE VENDE! O PORTO É DE TOD@S!

Imaxe da manifestación de maio de 2017 pola devolución gratuíta dos terreos do porto

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: