Comunicacións Directiva, Cultura

Desfrutade dun San Xoán seguro!


Este ano a situación creada polo COVID-19 vai provocar que a forma de celebrar o San Xoán sexa diferente a como se viña facendo nos últimos tempos. En certa maneira é unha volta ao que se fixo tradicionalmente no barrio, con grupos de familias e amizades dispersos polas rúas, só que sen cacharelas, porque haberá limitacións.

As normas que deberemos atender durante esta noite meiga son:

  • Peche o día 23 de xuño do acceso ás praias, que deberán baleirarse de persoas ás 21:00 horas.
  • Non se poderán facer cacharelas en ningún espazo público.
  • Prohibición de música ao vivo
  • Non se poderán cortar vías públicas.
  • O día 23 de xuño permitirase a realización de sardiñadas, churrascadas ou similares nos espazos solicitados.
  • Para a solicitude deberán presentar unha declaración responsable por escrito ao Concello. A declaración poderá presentarse a través da sede electrónica municipal o con canto menos 24 horas de antelación.
  • Será obrigatorio limpar onde se instalen as grellas e resto dos elementos utilizados para desenvolveren as actividades permitidas.
  • Non se permitirán as sardiñadas ou churrascadas na contorna da Torre de Hércules, incluído o merendeiro das Lapas

Como vedes, este ano as circunstancias van ser diferentes, pero co festeiros que somo en Monte Alto, seguro que desfrutaremos igual desta noite de San Xoán. Xa sabedes, festa con responsabilidade, porque En san Xoán, as bruxas fuxirán!!

Podedes consultar o bando aquí

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: