Comunicacións Directiva, Cultura, educación, Xuventude

VIVINDO O BARRIO: O Magosto do Noso Patio.


Continuando co ciclo de actividades que comezamos o mes pasado no Mercado de Monte Alto para que as crianzas descubran, coñezan e gocen do que o noso barrio ofrece, este sábado día 16 de novembro a partir das 18h, celebramos o Magosto do noso Patio na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte.

En primeiro lugar as 18h, gozaremos cun conta contos no que Caxoto relatará historias sobre o Magosto, para animar a nenas e nenos a probar e gorentar as castañas.

A continuación, arredor das 19h, a ANPA do Sanjurjo de Carricarte presentaranos o proxecto O Noso Patio, ideado para mellorar o espazo de recreo do centro coa participación de pais e nais, profesorado e alumnado.

Esta iniciativa recibiu un premio da Bienal Internacional de Educación en arquitectura para a infancia, e tamén foi recoñecida por Unicef como Boa Práctica en Dereitos da Infancia o ano pasado.

E para rematar a Festa, contra as 19:30h coñeceremos mellor a Cántigas da Terra, unha entidade centenaria con sede no noso barrio, que nos ofrecerá un Concerto didáctico.

Todo isto acompañado por suposto con castañas e petiscos para todas as persoas asistentes, agardámosvos!

Colabora:

Actividade subvencionada por:

Conversa

Os comentarios están pechados.

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: