Comunicacións Directiva, Dereitos Sociais, Ecoloxía, Terceira Idade, Xuventude

Horta Urbana Comunitaria de Monte Alto: Novo prazo de inscrición


De cara ao traballlo na Horta Urbana Comunitaria de Monte Alto para o próximo ano 2020, abrimos o prazo de inscrición para 10 novas persoas, dende o próximo día 15 ata o 3o de novembro, ambos incluídos.

Para a inscrición será necesario cubrir e asinar o formulario correspondente (podes descargalo ao final desta páxina), e entregalo na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte ou envialo ao noso correo electrónico aa.vv.montealto@gmail.com

NORMAS DE USO DA HORTA URBANA DE MONTE ALTO

Sobre a participación.

  • Establecerase un prazo de inscrición na segunda quincena de novembro de 2019, pudendo formar parte do proxecto por orde estrito de inscrición; sendo do 16 ao 23 de novembro, ambos inclusive, para anotarse 6 socios/as da Asociación Veciñal e do 24 ao 31 de novembro, ambos inclusive, para anotarse 4 persoas non socias da Asociación. En caso de non cubrirse as propias para socios/as ampliaranse para as persoas non socias.
  • Se existe maior demanda que prazas, formarase unha lista de agarda que será utilizada en caso de baixas.
  • As persoas que decidan formar parte do proxecto da horta educativa comunitaria deberanse facer socias da Asociación Veciñal Atocha – Monte Alto, pagando un importe mínimo de 2€ ao mes por motivo do Seguro de Responsabilidade Civil, pudendo darse de baixa sempre que o desexen.

Sobre a actividade e convivencia:

  • Participar e aceptar os acordos colectivos que serán debatidos e consensuados.
  • Colaborar na forma asignada no mantemento das instalacións, mantemento da orde e asegurar o bo funcionamento da horta, respectando o calendario de actividades.
  • Deberanse comunicar as incidencias, coa finalidade de reparar ou repoñer aqueles bens ou utensilios que resulten danados, destruídos ou extraviados polo uso inadecuado dos mesmos.
  • Manter en todo momento un comportamento cívico adecuado e respectuoso coas demais persoas usuarias da horta.

Sobre o cultivo ecolóxico:

  • Uso de substancias naturais biodegradables
  • Uso único de abonos orgánicos (estiércol, compost, abonos verdes, etc.)
  • Uso responsable da auga
  • Control de plagas mediante sistemas preventivos e, en último lugar, mediante tratamentos ecolóxicos que non contaminen o chan.
  • Preferencia de cultivos de hortalizas con sementes ou prantas autóctonas.
  • O espazo manterase limpo e libres de residuos
  • Os produtos conseguidos son primordialmente para goce comunitario

Sobre os recursos materiais

  1. Será obrigación de tódolos suxeitos participantes o bo uso dos bens comúns, a salvagarda da seguridade e saúde de todos, moi especialmente á hora de usar ferramentas que poidan resultar perigosas.
  2. Durante o desenvolvemento da actividade está prohibido deixar as ferramentas fora dos límites da parcela de cultivo para evitar que interfiran o paso de viandantes ou potencien situacións de inseguridade.
  3. Tódalas persoas participantes poderán utilizar as ferramentas precisas que estarán gardadas no almacén no propio espazo da horta, pechado con candado. A chave estará dispoñible no local da Asociación Veciñal.
  4. As persoas participantes contribuirán con unha aportación de 5€ ao ano ao fondo da horta, que se investirá en sementes, plantas, ferramentas, etc.

Sobre a organización

  • O calendario de tarefas e o horario das actividades serán debidamente comunicados e acordados polos medios determinados polo propio grupo.
  • As incidencias serán xestionadas e resoltas mediante a Asociación Veciñal

Por outra banda e tendo en conta as características da xestión da horta, quedan completamente prohibidas as seguintes prácticas:

  • O cultivo de plantas degradantes para o chan
  • O cultivo de plantas psicótropas e/ou prohibidas pola lei.
  • Modificar a estrutura da parcela.
  • Calquera uso que, non estando previsto anteriormente, produza molestias, malos olores, limite o uso e satisfacción das persoas usuarias da horta ou afecten ao lugar público.

Sobre a penalización.

O incumprimento das Normas de Uso da horta poderá ser penalizado por parte da Asociación Veciñal coa retirada da participación no proxecto.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: