
Este mes comezamos un ciclo de actividades para que a veciñanza, principalmente as nenas e nenos, descubran e coñezan todo o que o noso barrio ofrece.
Nesta primeira actividade imos comezar ás 11:00h da mañá escoitando os contos favoritos de Cris de Caldas, para comezar con un pouco de animación para os máis pequenos.
Despois, contra as 12:00h, inauguramos e presentamos A tenda de Antón, un proxecto da EIM Monte Alto. Este programa leva en marcha desde 2014, cando a escola solicitou ao Concello un espazo no mercado para a cativada. Na tenda de Antón o alumnado xogan a ser compradores e tendeiras e familiarízanse cos alimentos -de xoguete- e as moedas e billetes -tamén falsas-. É un xogo que relaciona aos nenos e nenas con veciñanza e comerciantes e tamén é un lugar de colaboración con outros centros que acoden a compartir diversas actividades (música, contos, etc), que foi premiado por UNICEF como boa práctica.
Xa para rematar a festa, arredor das 13:00h gozaremos da actuación dos Combos de Moderna da Escola Municipal de Música, dos profesores Lalo Carnota e Miguel Cabana. Xa que contamos coa grande sorte de ter no noso barrio unha Escola onde nenas e nenos desde os 4 anos desenvolven as súas capacidades musicais, que menos que achegar o seu talento a veciñanza, dando a coñecer o grande traballo que realizan tanto alumnado como profesorado.
As próximas actividades do Ciclo “Vivindo o Barrio” son:
16 de novembro: Magosto
14 de decembro: Visita do Apalpador.
Estada atent@s!!
Actividade subvencionada pola:
Conversa
Aínda non hai comentarios.