Comunicacións Directiva

II Debate Eleccións Xerais 2019


Desde a Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto – A Torre, co gallo da repetición das eleccións xerais ao Congreso e ao Senado que se celebrarán o vindeiro 10 de novembro, pretendemos repetir tamén a experiencia de debate realizada o pasado mes de abril, convidando de novo aos partidos políticos máis representativos: PP, PSdG – PSOE, Galicia en Común, BNG e Ciudadanos. Todos eles confirmaron xa a súa participación, agás o Partido Popular, do que non recibimos resposta, pero co que agardamos contar nesta data.

O debate terá lugar o martes 22 de outubro, a partir das 20.00 h, na Biblioteca veciñal de Monte Alto (Campo de Marte s/n), e desenvolverase como na anterior ocasión, haberá unha primeira intervención breve de cada formación para explicar as liñas principais do seu programa e despois abrirase unha quenda de preguntas e participación da veciñanza.

Animamos a toda a veciñanza a participar, xa que é unha grande oportunidade de informarse e contrastar antes de que comece a vertixinosa campaña electoral.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: