Comunicacións Directiva, Dereitos Sociais, Urbanismo

II Roteiro pola devolución de terreos e edificios de Defensa


A Comisión Aberta en Defensa do Común constituíuse en marzo de 2016 para dar resposta á anunciada poxa polo Ministerio de Defensa de tres parcelas no Campo da Estrada – Maestranza polas que pensaba ingresar sobre 24 millóns de euros.

Despois das numerosas actividades que teñen realizado, esas poxas foron paralizadas ou quedaron desertas, pero o Ministerio de Defensa continúa adiante cos seus plans e di agora que quere “compatibilizar” a venda de terreos cos intereses da Coruña.

A Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto – A Torre, ten a mesma posición e comparte o obxectivo que sempre estivo claro: non queremos pagar ao Ministerio de Defensa polo que sempre foi da Coruña e reivindicado historicamente polo goberno municipal desde hai máis de 170 anos.

Por outra parte, consideramos que se debe recuperar tamén para uso público o Xardín de Capitanía, hoxe pechado, e o Cuartel de Atocha, o edificio público máis grande da cidade hoxe claramente infrautilizado.

Hai que pararlles os pés e defender o que sempre foi noso. Queremos que os terreos no Campo da Estrada e na rúa Adelaida Muro sexan devoltos gratuitamente ao Concello para espazos públicos, zonas verdes e equipamento social.

Por iso, animamos a toda a veciñanza a participar no II Roteiro, que se celebrará o sábado 19 de outubro, con saída ás 12 horas do Parrote (fronte ao xardín de Capitanía).

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: