
Día Internacional de Limpeza de Praias ( International Coastal Cleanup).
Dende hai máis de trinta anos, sempre no mes de setembro, a ONG Ocean Conservancy promove o International Coastal Cleanup ( Día Internacional de Limpeza de Praias). Neste ano 2019 o día fixado é o vindeiro sábado 21 de setembro.
Neste día, centos de miles de voluntarios nos cinco continentes, xuntarán as súas mans para retirar das ribeiras de todos os mares, miles de toneladas de lixo mariño.
Mar de Fábula, por segundo ano consecutivo, únese a esta cadea humana facendo un chamamento a toda a veciñanza da Coruña e voluntariado en xeral que queiran participar na recollida do lixo plástico miúdo que está a chegar arreo ás praias de Riazor e Orzán, km. cero desta cidade.
A Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto – A Torre quere aportar o seu pequeno gran de area, convidando a toda a nosa veciñanza a participar desta actividade.
Día e hora da limpeza : Sábado 21 setembro ás 11:00 horas.
Punto de encontro: Espigón / coiraza entre as dúas praias.
Tempo de limpeza : máximo 2 horas.
A organización levará luvas e bolsas.
Ao remate da limpeza faremos balance.
Teléfono de contacto: 608609042
Conversa
Aínda non hai comentarios.