Comunicacións Directiva, Cultura

Presentación do libro “O bestiario científico de Anxos Nogueirosa” de Antonio M. Fraga


O próximo xoves 27 de xuño ás 20:30 h na Biblioteca Veciñal (Campo de Marte, S/N), terá lugar a presentación de O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, coa realización dun roteiro virtual arredor do libro a cargo do seu autor, Antonio M. Fraga, veciño do barrio.

Esta obra, gañadora do I Premio V. Moreno de Literatura Xuvenil, introdúcenos na historia a través das fermosas ilustracións de Víctor Rivas. O libro ademais de nos relatar as aventuras dos protagonistas, presenta outras temáticas adxacentes: a natureza, a loita das mulleres pioneiras no mundo da ciencia (como Ángeles Alvariño ou Elvira Bao), a recuperación da tradición e o legado histórico… Un libro dirixido ao público xuvenil mais adaptado tamén ao lector adulto.

SINOPSE:

1933. Aos seus trece anos, Suso é obrigado a pasar o verán nas colonias do Sanatorio Marítimo de Oza por mor da súa mala saúde. No traxecto en tren cara ao seu destino estival, chega ás súas mans un caderno cun misterioso título na cuberta: Liber bestiarium scientificus. Cando Suso decide mergullarse nas súas páxinas, lonxe está de saber que ese intre marcará un verán cheo de aventuras na compaña de Tila, unha rapaza das colonias coa que acabará forxando unha bonita amizade.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: