Comunicacións Directiva, Ecoloxía, Urbanismo

Encontro aberto coa Concelleira de Medio Ambiente sobre o proxecto de renovación do Campo de Marte.


O próximo mércores día 15 de maio ás 19:30h na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, terá lugar un encontro aberto a toda a veciñanza do barrio para explicar o proxecto de renovación do Campo de Marte que presentará a Concelleira de Medio Ambiente e Mobilidade Sostible, María García Gómez. Este proxecto detallado está á vosa disposición no mesmo local, para quen queira consultalo previamente.

O documento elaborado por Arce Jardinería foinos entregado hai uns días nunha xuntanza coa Concelleira, na que nos adiantaron algunhas das actuacións:

  • O arborado co que conta o parque é o máis afectado no anteproxecto, xa que algunhas das árbores serán talladas (segundo indican por estar vellas, en decaemento ou enfermas), para plantar outras especies novas, e o plan é que en dez anos todas sexan sustituídas.
  • Nas áreas de herba que rodean a zona central da palmeira, e en outras áreas do Parque incluiranse arbustos de diferentes cores.
  • A zona de xogos infantís ampliarase e renovaranse os equipamentos, así como o mobiliario, utilizando bancos semellantes aos que se instalaron na reforma de Orillamar, con pedra e madeira, así como farolas, papeleiras, etc.
  • Haberá unha zona reservada para cans na área do Parque máis próxima á Cruz Vermella.
  • O pavimento de toda a parte central que está rodeada das áreas de herba , será de adoquín de granito como podedes ver na imaxe.

A nosa intención é que sexa a propia veciñanza directamente quen lle transmita as súas opinións sobre estes cambios á Concelleira, coa intención de que o resultado final sexa o que máis se achegue ás funcionalidades e intereses das persoas que utilizan este espazo a diario no barrio, un espazo cheo de historia e de grande valor para Monte Alto.

Dada a importancia do que se vai tratar, agardamos a máxima participación de todas e todos vós, e contamos coa vosa presenza o próximo mércores; lembrade que se queredes consultar o proxecto con máis detalle podedes facelo na Biblioteca Veciñal, no Campo de Marte a carón do punto de recollida de Bicicoruña.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: