Comunicacións Directiva, Ecoloxía, Urbanismo

O Concello pretende talar as árbores do Cemiterio de Santo Amaro


A Concellería de Emprego e Economía Social iniciou o pasado mes de outubro un obradoiro de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes denominado “Capela de San Amaro“,  que prevía intervencións na capela e no muro do cemiterio de Santo Amaro, en Orillamar.

Cal é a nosa sorpresa cando observamos que esas “intervencións” inclúen a tala de varias árbores na zona, xa que temos noticia de que se van cortar as que están pegadas ao muro, así como outras que están máis afastadas, sen motivo algún. Estas árbores están en perfecto estado de saúde e non supoñen ningún perigo, así que é incomprensible que o Concello permita a destrucción das escasas zonas verdes da cidade, deshumanizando o entorno do cemiterio por capricho, sendo este ademais un espazo de interese cultural e histórico de grande importancia para a cidade.

 

 

Por estes motivos, esiximos que se paralice de forma urxente a tala inxustificada destas árbores, que incumpre o  obxecto do obradoiro, porque non se pode falar de que esta acción supoña acondicionamento e mellora dos xardíns adxacentes ao camposanto, como anunciou a Consellería de Emprego, senón a súa destrucción.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: