Comunicacións Directiva, Ecoloxía

A “Herba do Coitelo” invade a franxa litoral do barrio.


Desde a Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto – A Torre queremos trasladar ao Concello a necesidade urxente de actuacións, por parte da Concellaría de Medio Ambiente, para a erradicación ou cando menos control da expansión da Herba do Coitelo pola franxa litoral do noso barrio.

A Herba do Coitelo (Carpobrotus edulis), especie alóctona e altamente invasora, prolifera cada vez máis na ribeira marítima da contorna da Torre de Hércules, na zona de Durmideiras, na contorna da Casa dos Peixes, etc, espazos que deben gozar ademais de especial protección e coidado, por ser áreas verdes para o goze da veciñanza de toda a cidade, dado o alto número de visitantes que a diario percorren o Paseo Marítimo.

 

 

Mentres este plano de erradicación non estea operativo, consideramos necesaria a realización dun estudo da situación actual da presenza desta especie, e a posta en marcha de traballos urxentes de control da expansión da Herba do Coitelo en toda a zona de Monte Alto, xa que a rapidez da súa expansión é preocupante así como o feito de que altera a composición química do chan, e ademais reduce a dispoñibilidade de auga, afectando así o resto de plantas que habitan a zona litoral, e da posibilidade de que poida atraer a estas zonas a pequenos mamíferos que se alimentan das súas sementes (como por exemplo ratas e gaivotas).

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: