Comunicacións Directiva, educación, Urbanismo

ACCIÓN REIVINDICATIVA: CACAS NON! CEIP SANJURJO DE CARRICARTE


A Asociación Veciñal vén reclamando dende hai tempo o mantemento da pista contigua ao CEIP Sanjurjo de Carricarte, que se atopa nunhas condicións lamentables. En maio de 2018 xa comunicamos ao Concello que este espazo se atopa nun grave estado de abandono e falta de mantemento, presentando nas zonas de enreixado para desaugue, cavidades que supuñan un perigo de tropezóns e lesións, tendo en conta que é unha zona frecuentada e transitada por nenas e nenos; e solicitamos, polo tanto, que se tomasen as medidas pertinentes para que as persoas titulares deste espazo o manteñan nas debidas condicións de conservación. Conseguimos que se reparasen os rexistros e o valado, pero as fendas no pavimento con herba medrando entre elas e a limpeza do espazo non se mellora, e mantense a imaxe de abandono.

IMG-20181013-WA0000

Por iso apoiamos e animamos a toda a veciñanza a participar mañá venres 5 de abril  de 16 a 20h, na acción de sensibilización que a comunidade educativa do CEIP Sanjurjo de Carricarte pon en marcha para concienciar as persoas sobre a necesidade de recoller as excrecións caninas que se depositan na pista contigua ao centro baixo o lema “ CACAS NON”.

A acción consistirá en tecer por parte do alumnado, familias e profesorado no enreixado do centro o lema CACAS NON con materiais de refugallo, así como facer unha plantada de carteis nas cacas, como forma de reivindicar o desacordo coas condutas incívicas da veciñanza e loitar por un entorno limpo e saudable para o alumnado do centro que ten que soportar o cheiro e as moscas que voan pola pista, atentando contra a súa seguridade e saúde.

Esta acción reivindicativa tenta xerar conciencia cidadá e tecer, de xeito metafórico, novos hábitos de respecto as zonas comúns e verdes do barrio, procurando a colaboración da veciñanza a prol da mellora das relacións de convivencia. Conscientes de que as veces estas condutas se repiten por descoñecemento, comodidade ou imitación de malas prácticas. E instando o Arcebispado e ao Concello de A Coruña a colaborar no mantemento e limpeza destas zonas.

As 18h un grupo de alumnado lerá por megafonía un pequeño manifesto reivindicativo.

No caso de que chova aprázase para o día 26 de Abril.

Lembrade traer camisetas brancas e negras vellas para cortar e poder tecer a mensaxe.

 

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: