Comunicacións Directiva

Vandalismo no CEIP Sanjurjo de Carricarte


CABE_PATIO

Imaxe do patio do CEIP Sanjurjo de Carricarte – Foto de Rexenerando S.C.G

 

Hai uns días coñecimos a lamentable situación vivida no CEIP Sanjurjo de Carricarte. Varias persoas accederon ás instalacións do centro saltando o valado e emporcando o lugar. Esta non é a primeira vez que acontece, ademais do pasado sábado e domingo pola noite (segundo viu parte da veciñanza da zona) isto xa ocorreu hai un ano e hai dous.

Profesores e familias atoparon o pasado luns á primeira hora, un desagradable panorama de sucidade no patio: botellas de cristal, cigarros, papeis, trapos e bolsas,  ouriños, etc.

Esta nova intrusión non colleu por sorpresa á comunidade educativa do Sanjurjo de Carricarte. Outros visitantes nocturnos invadiron o patio nos últimos dous anos. Durante un tempo rexistráronse asaltos continuos e desapareceron un computador e un equipo de son.

Despois do acontecido na escola ao inicio da pasada semana a Comunidade Escolar do Centro púxose mans á obra. Por iso decidiron intervir unha vez máis nas zonas verdes do patio e demostrar as persoas que entran no recinto do cole a provocar destrozos que as cousas fanse doutro xeito. Familias e docentes, axudados pola arquitecta Nuria Eguren, recolleron e reconstruiron ao espantallo Hércules, plantaron de novo nas xardineiras da entrada, repararon a cabana de vimbios e fixeron grupo, características todas estas diferenciadoras dun proxecto como O Noso Patio que leva a cabo a comunidade educativa. A resposta ao deterioro causado no patio do colexio polo comportamento incívico de algúns é educar no coidado e respecto polos espazos públicos.

O CEIP Sanjurjo de Carricarte pode presumir  do proxecto O noso patio xurdido hai máis de tres anos, premiado por Unicef por boas prácticas en dereitos da infancia, e que tivo por obxecto a remodelación e mellora do patio. Familias, profesorado e alumnado, coa colaboración voluntaria de Nuria Eguren, e tamén do Concello, participaron desta iniciativa; desde entón, o espazo de recreo gañou un horto, xardíns, murais, bancos e unha área de xogos infantís.

A iniciativa de abrir as portas do patio a todo o barrio apoiada polo Centro, que así o decidiu no ultimo Consello Escolar e o solicitou ao Concello, parécenos positiva para avanzar na resolución desta situación. As instalacións do centro constitúen un espazo público para uso e disfrute de todo o barrio, e non un local para festas privadas, por iso deben ser coidadas e respetadas, sobre todo tendo en conta que son empregadas principalmente por nenas e nenos.

Por este motivo, dende a Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto – A Torre queremos expresar o noso apoio á comunidade educativa do CEIP Sanjurjo de Carricarte, e parabenizalos pola resposta a esta situación. Tamén convidamos a toda a veciñanza a adoptar esta mesma actitude ante o vandalismo, educando e promovendo a defensa e coidado dos espazos que son de todas e todos, e denunciando actitudes destrutivas que só contribúen a emporcar e deteriorar o barrio, e polo tanto a perxudicar a calidade de vida de todas as persoas que o habitamos.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: