Comunicacións Directiva, Cultura

Conferencia de Xosé Alfeirán: CHOQUEIROS vs. MASCARITAS


 

WhatsApp Image 2019-02-22 at 18.39.20

O próximo xoves 28 de febreiro ás 20:00h, na Biblioteca da Asociación Veciñal de Monte Alto, contaremos coa presenza de Xosé Alfeirán, que nos falará da “Breve crónica histórica do carnaval coruñés” que vén de publicar coa finalidade de recuperar a tradición popular do entroido local.  Convidámosvos a coñecer e comentar en profundidade as orixes e evolución desta festa popular, que ten un dos seus exemplos máis vigorosos no noso barrio.

Xosé Alfeirán, historiador e veciño de Monte Alto, preséntanos unha revisión do Carnaval da Coruña que chega até o ano 1882, para rescatar do esquecemento dun xeito riguroso, as crónicas dunha tradición cultural e festiva como é o entroido coruñés.

O autor recolle as experiencias contadas polos seus propios protagonistas, en moitos casos xornalistas da época que narraban os feitos tanto en prensa como en folletos das celebracións, e tamén recopila expedientes municipais vinculados ao entroido, incluíndo material gráfico da época procedente do Arquivo Municipal.

A obra está dispoñible para descarga gratuíta na seguinte ligazón:

Choqueiros. Breve crónica histórica do carnaval coruñés (5 MB)

Lembrade, vémonos o próximo xoves 28, na Biblioteca veciñal ás 20:00h, non o perdas!

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: