Comunicacións Directiva, Saúde, Terceira Idade, Xuventude

O próximo 23 de febreiro, convidámoste á xornada divulgativa de MARCHA NÓRDICA, un deporte para todos os públicos.


Ritmo de la noche_02

A marcha nórdica é un xeito de camiñar apoiándose ou impulsándose con dous bastóns técnicos que permiten avanzar máis rápido, pero cansando menos as articulacións das pernas (nocellos, xeonllos, cadeiras), movendo o 90% dos músculos do corpo e fortalecendo os músculos do tronco e brazos. Pódese practicar en calquera terreo e en compañía.

É un sinxelo deporte apto para persoas de todas as idades, que non precisa unha condición física previa, apenas precisa equipamento e facilita o contacto coa xente e coa natureza.

Por todos estes motivos, en colaboración con Marcha Nórdica Coruña, convidámoste a coñecer de primeira man as características e vantaxes desta actividade nunha Xornada Divulgativa que celebraremos o próximo sábado 23 de febreiro, de 11 a 13 horas no local veciñal da A. V. Atochas – Monte Alto – A Torre.

marchanordica3

A xornada consta de dúas partes, ás que se pode asistir de maneira independente.

Ás 11:00 h. unha charla coloquio conducida por:

  • Regina Basadre, médica no Centro de Saúde do Ventorrillo.
  • María Cecilia García Carrara, licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e Máster en Actividade Física e Saúde.

Ás 12:00 h. realizarase unha proba práctica polo Campo de Marte, para a que será preciso inscribirse previamente por teléfono ou correo electrónico (preferentemente): no 981. 222. 635 ou no enderezo aa.vv.montealto@gmail.com. Porase a disposición das persoas participantes ata 30 bastóns técnicos.
Para esta práctica requírese roupa e calzado cómodo para camiñar e ter as mans libres (recoméndase levar unha pequena mochila para levar auga e o máis imprescindible).

Anímate a participar e lembra, vémonos o 23 de febreiro de 11 a 13h no local veciñal no Campo de Marte.

Para máis información podes chamar ao teléfono 981 222 635

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: