Comunicacións Directiva, Cultura

Presentación da novela “Besta do seu Sangue” de Enma Pedreira, na Biblioteca Veciñal


O próximo xoves 31 de xaneiro ás 20h, convidamos á nosa veciña Enma Pedreira a falarnos da súa novela “Besta do seu Sangue” na Biblioteca Veciñal (Campo de Marte).

Esta obra, Premio Xerais de Novela 2018, relata con grande orixinalide unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta, “o sacaúntos”, que no século XIX recoñeceu ter asasinado a 13 persoas baixo o efecto dunha maldición que o facía convertese en lobishome.

Di a historia que naceu muller, bautizada como Manuela, pero a súa partida de nacemento foi modificada posteriormente. A autora aborda a lenda que rodea a Romasanta, dende unha visión que ampara unha revisión do xénero.

Disposta como un conxunto fluído de microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial para vencellar as voces partícipes da historia e da creación do mito nacido arredor da persoa que foi considerada a primeira asasina en serie da nosa historia.

A obra supón unha proposta transgresora que se caracteriza por esa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros para abordar o tema da licantropía desde unha perspectiva de xénero.

Narrada desde unha linguaxe poética, ao longo das páxinas desta excelente novela, salienta unha atmósfera de desacougo e angustia para abordar o tratamento dun personaxe que bebe das fontes cultas, mitolóxicas e populares galegas para reavivar a figura do lobo e a súa convivencia co ser humano.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: