Comunicacións Directiva, Urbanismo

A A.V. Atochas – Monte Alto – A Torre e Defensa do Común reclaman a parcela de Adelaida Muro para equipamento público


A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre e Defensa do Común mantivemos un encontro o pasado luns, no que acordamos emprender varias accións dirixidas a evitar a poxa que o Ministerio de Defensa pretende levar a cabo da parcela situada na rúa Adelaida Muro, unha parcela de 375 m2 cunha edificabilidade de 1.154 m2. As dúas entidades concordamos na denuncia do afán especulativo do Ministerio de Defensa, que pretende actuar como unha inmobiliaria privada, poñendo á venda solares e edificios públicos na nosa cidade a precio de saldo, só para facer caixa.

Por estes motivos, representantes de ambas entidades entregaron aos catro grupos municipais un texto de moción para ser debatido no pleno do vindeiro luns día 14, no que apelan á responsabilidade da corporación municipal para que o organismo estatal non materialice as súas pretensións.

Ademais para o vindeiro sabado día 12, anunciamos unha concentración diante da parcela ás 12:30 horas, e coincidindo co pleno do luns, membros das duás entidades concentraránse diante do Concello portando unha pancarta alusiva á necesidade de impedir a perda progresiva de espazos comunais.

A Asociación Veciñal entende que o Concello ten a responsabilidade de evitar que o Ministerio de Defensa siga enchéndose os petos á conta de solares e espazos do patrimonio público, como xa fixo no pasado en Zalaeta, Santo Amaro ou no Hospital Militar, e tenta facer tamén coas parcelas do Campo da Estrada – Maestranza. En outras cidades como Barcelona ou Alcalá de Henares, ante a mesma situación, os terreos foron cedidos gratuítamente polo Ministerio.

Antiga residencia de maiores na rúa Adelaida Muro, demolida para a construción de vivendas de luxo

Consideramos que eses 1.154m2 poden ser utilizados para múltiples servizos públicos, dende usos específicos do propio Ministerio, construcción de vivenda pública municipal, ou residencia de maiores (dado que a existente na mesma rúa foi demolida por unha operación especulativa similar, e a construcción de vivendas de luxo resultante está semivacía). Consideramos que o Concello, e así o demandamos, debe implicarse neste asunto para evitar que o Ministerio de Defensa continúe a especular co patrimonio público, afectando ao conxunto da cidade.

Anuncio de subasta da parcela, na web do Instituto de Vivenda, Infraestruturas e Equipamentos da Defensa.

Como exemplo, o Ministerio de Defensa ten a propiedade do 42% dos terreos da Cidade Vella, entre eles do Cuartel da Atocha, polo que é evidente que de continuar con esta actividade especuladora, a afectación á cidade sería dramática.

É por iso que animamos á veciñanza de todos os barrios a participar das mobilizacións, para facerlle ver ao Ministerio que A Coruña non está á venda.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: