A Escola Infantil Municipal de Monte Alto, organiza un “Mercadillo” solidario de plantas en favor das Escolinhas de Tete en Moçambique. Dende a Asociación Veciñal vimos colaborando dende hai tempo coa Escola na Horta Comunitaria do barrio e tamén neste proxecto.
Por iso a partir do próximo mércores 21 de novembro recolleremos plantas de exterior e interior, así como macetas e envases reciclados decorados que poidan ser empregados para plantar (vasos de queixo, iogur, latas, etc).
O “Mercadillo” celebrarase o próximo sábado 22 de decembro dende as 10:00h, poñendo á venda as plantas cultivadas na EIM Monte Alto e as procedentes das doazóns de particulares.
Os puntos de recollida serán a propia Escola Infantil (Praza do Mercado) polas mañás de 13 a 16h (+info no 981 201 223) e a Asociación Veciñal (Campo de Marte) no noso horario habitual (+info no 981 222 635).
Os beneficios obtidos nesta actividade serán destinados ás Escolinhas de Tete en Moçambique, nas que están a levar a cabo hortas ou MACHAMBAS coa finalidade de poder facilitar alimentos frescos ao alumnado e facer tarefas de cultivo cos máis pequenos.
Conversa
Aínda non hai comentarios.