Comunicacións Directiva, Cultura

Presentación do último traballo de Xurxo Souto na Biblioteca Veciñal


 Xurxo

“A gran travesía de Chiruca Macallás” conta a viaxe dun barco que parte para o Gran Sol ao mando dunha muller, dona dun poderoso universo, que nos revela unha historia de superación. Coa enorme forza do relato oral e a inclusión de elementos fantásticos e surrealistas que recrean a atmosfera gráfica de Urbano Lugrís, Xurxo Souto ofrécenos unha novela personalísima que retrata a aventura dunha marea singular con ton epopeico.

o próximo mércores 14 de novembro ás 20:00h, contaremos coa presenza de Xurxo Souto na Biblioteca Veciñal (no Campo de Marte, a carón do CEIP Curros Enríquez) para contarnos como se xestou esta marabillosa historia. Estades todos e todas convidadas a conversar co autor e o veciño que máis internacional ten feito ao barrio de Monte Alto.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: