Comunicacións Directiva, Urbanismo

CONCENTRACIÓNS DA COMISIÓN ABERTA EN DEFENSA DO COMÚN


O vindeiro sábado día 12, diversos colectivos espallados pola xeografía española e europea promoven actos en defensa do patrimonio público, baixo o lema “As cidades non se venden”. Trátase de plataformas xurdidas, ao igual que a Comisión Aberta en Defensa do Común, para poñer en cuestión a contradición que significa o feito de utilizar diñeiro público para pagar o que xa é público, e xa que logo, pertencente ao común.
Por este motivo e aproveitando a xornada, a Comisión Aberta en Defensa do Común

18300983_10155348409279703_6196312029387162736_n

Manifestación do 7 de maio de 2017, na que miles de persoas clamaron que “A Coruña non se vende”

convoca unha concentración diante da Autoridade Portuaria, que terá lugar o mesmo sábado día 12 ás 12:30 horas, para amosar o rexeitamento ás prácticas especulativas e mercantilistas que seguen a considerar o patrimonio público como unha fonte para obter saborosos dividendos.

Ademais o vindeiro luns día 14 ás 12.30 horas, diante da Delegación do Ministerio de Defensa (antiga Comandancia de Mariña), haberá tamén unha concentración para dar visibilidade á oposición cidadá á poxa das parcelas do Campo da Estrada, no polígono da Mestranza. Como sabedes son terreos comunais, bens propios e pertencentes á cidade dende a súa fundación, polo que deben reverter gratuitamente ao Concello.
Dende a Asociación Veciñal Atochas – Montealto – A Torre, queremos mostrar o noso apoio e colaboración coa Comisión Aberta en Defensa do Común, polo que animamos a toda a veciñanza a participar nas diversas accións de mobilización contra a especulación e pola recuperación da fachada marítima da cidade, que teñen programadas.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: