Comunicacións Directiva, Mobilidade, Urbanismo, Xuventude

Encontro entre Goberno Local e Asociacións Veciñais


Hoxe celebrouse unha xuntanza entre diversos membros do Goberno Local e Asociacións Veciñais no Concello, co obxectivo de nos informar de diversos procesos en marcha, como o adicado á recuperación das áreas portuarias, “Tecendo o Litoral”, o desenvolvemento dos Orzamentos Participativos para o próximo exercicio, e tamén da elaboración do novo Plan de Mobilidade.

O Alcalde referiunos as liñas mestras marcadas polo Concello para os usos dos terreos desafectados, informou da súa intención de cooperar co resto de Administracións implicadas, e comunicounos a celebración dun foro de debate a finais deste mes. A Asociación preguntou se o Concello vai cumprir o seu compromiso, referido á celebración dunha consulta para adoptar a decisión definitiva sobre este asunto, ao que o rexedor contestou que non a desbotan, pero que en todo caso sería sempre posterior a este foro.

No relativo aos Orzamentos Participativos, as novidades máis salientables para a DZ9JPrcW0AACP58veciñanza son que se poderá apoiar e votar proxectos nun máximo de 3 distritos (ata agora só se podía en un), e que nesta edición vai estar dispoñible un servizo de soporte informático para o acceso á plataforma no 010, así como apoio presencial para a presentación de propostas nas bibliotecas municipais e centros cívicos. Por outra banda, aínda que as achegas teñen que ser persoais, este ano poderase especificar que se presentan en nome dunha Asociación ou Entidade, para que se poida ter presente na fase de apoios e votación.

En canto ao Plan de Mobilidade, Xulio Ferreiro relatou o proceso de elaboración, aludindo ás diferentes etapas do mesmo, que foron tamén debulladas polo Concelleiro. A previsión é que na primavera se publique unha proposta concreta, que será presentada en diversos encontros nos dez distritos e nos puntos de maior trascendencia para a mobilidade na cidade (Hospitais, Polígonos Industriais, Universidade, etc).

Algunhas Asociacións manifestamos o noso descontento co proceso, entendendo que unha vez presentado o Plan, introducir cambios ou achegas vai ser inviable como en ocasións anteriores, e que deberan terse en conta previamente. Tamén cuestionamos a configuración de arriba cara a abaixo do grupo impulsor creado polo Concello de forma pechada á participación doutras entidades interesadas, así como o papel practicamente de observador ou oínte das Asociacións Veciñais, que non intervimos de forma activa no proceso, sendo este un asunto de especialísimo interese para toda a veciñanza dos barrios.

Lembrámosvos que estamos abertos ás vosas suxestións e achegas, e animámosvos a participar de forma activa nestes proxectos de tanta trascendencia para a cidade.

 

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: