Comunicacións Directiva

Novidades sobre os traballos na rúa da Torre e Zalaeta.


Onte tivo lugar o encontro aberto á veciñanza cos concelleiros de Rexeneración Urbana e Mobilidade, Xiao Varela e Daniel Díaz Grandío, para informar sobre os traballos de mellora na rúa da Torre, que comezarán o mes de maio e durarán finalmente arredor de catro meses.

Como novidades ao que xa nos informaran na xuntanza previa coa Asociación, e que xa vos contamos neste mesmo medio, as máis importantes son as referentes á zona de Zalaeta.

Nesta zona é onde se crean 55 novas prazas de aparcamento regulado como alternativa ás suprimidas na rúa da Torre, e vanse establecer a carón da mediana, reducindo así o ancho de vía a un carril dende a rúa Hospital ata Curros Enríquez; para que se poida baixar e camiñar pola mediana, foi xa colocada unha celosía, a modo de beirarrúa.

O Concello informou que a travesía Victoria Fernández España, que une a rúa Hospital coa rúa Zalaeta diante do IES Ramón Menéndez Pidal, vai ser peonalizada, permitindo só a circulación do transporte escolar e ancheando as beirarrúas, o cal vai supoñer a perda de prazas de aparcamento. O número en que desaparecen está aínda sen determinar (agora mesmo hai 32).

VFE

Imaxe do estado actual da travesía Victoria Fernández España, que vai ser peonalizada.

Tamén se informou que a praza de aparcamento para persoas con mobilidade reducida situada na rúa da Torre será trasladada á rúa San Xoan, onde tamén se vai establecer unha nova zona de carga e descarga sustituindo á existente na Travesía da Torre (inoperativa durante as obras). Isto suporá a redución de espazo de aparcamento tamén nesta rúa.

 

Houbo diversas achegas da veciñanza e asistentes. O representante do GAC (Grupo de Accesibilidade Coruña) solicitou que os pasos de peóns sexan elevados para a mellor circulación de  persoas con mobilidade reducida, e ademais indicou que o treito Zalaeta – rúa da Torre é inaccesible para elas, e que o recurso utilizado como beirarrúa na mediana non é seguro nin transitable. Asemade, solicitouse a redución da velocidade na rúa da Torre, polo cal os concelleiros indicaron que estudarían a posibilidade de elevar os pasos de peóns, para cumprir ambas demandas. Tamén se requeriu ao Concello a que aproveitase os traballos na zona para mellorar o alumeado da rúa da Torre, así como o pavimento da Travesía, peticións que indicaron se estudarán para o futuro. Outra das demandas foi a resolución do problema das vivendas e solares abandonados na zona, que son numerosos; o concelleiro de Rexeneración Urbana comunicou que é un asunto de difícil solución, xa que a maioría deles son de titularidade privada.

Ademais advertiuse que o percorrido alternativo establecido para o transporte público durante os traballos, inclúe un xiro da rúa Zalaeta á rúa Hospital, que ata o de agora non está permitido, e que probablemente vai supoñer alterar a sinalización semafórica.

Lembrámosvos que se tedes algunha dúbida, suxestión ou petición, estamos a vosa disposición:

+Mail: aa.vv.montealto@gmail.com
+ Teléfono: 981 – 222 – 635
+Presencial: Todos os días de 10:00 a 13:30 e tardes de Luns, Mércores e Xoves de 16:30 a 19:30 no local da Asociación.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: