Comercio, Comunicacións Directiva, Mobilidade, Urbanismo

Encontro co concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, sobre as obras de mellora da rúa da Torre.


O pasado venres, 23 de marzo, tivo lugar un encontro entre o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, e representantes da Asociación Veciñal de Montealto, para facilitarnos información sobre os traballos que se van  realizar na rúa da Torre. Adiantamos aquí o comentado nese encontro, para que teñades todos os datos posibles de cara á próxima xuntanza do mércores 28.

A previsión é comezar os traballos o próximo 9 de maio, cun custo total das obras de 165,000€, e a duración estímase de 2 a 3 meses.

TorreVella

Imaxe da antiga rúa da Torre, doada polo Concelleiro á A.V. Atochas – Montealto.

As tarefas a realizar inclúen a eliminación de 32 prazas de aparcamento regulado de horario reducido, que serán compensadas con 55 novas prazas na zona de Zalaeta (igualmente de aparcamento regulado), onde tamén se van facer traballos de mellora na Travesía Victoria Fernández España. Ademais xa está en curso unha actuación na rúa Disciplina para facilitar o acceso ás novas prazas de aparcamento de Zalaeta e para preparar a circulación alternativa.

En canto aos detalles de deseño, informáronnos que se manterán as dúas zonas de carga e descarga habilitadas nas rúas adxacentes á da Torre, sendo ampliada unha delas a petición dos comerciantes da zona, e coa creación dunha nova. Os pasos de peóns serán mellorados pero non elevados, para evitar que se dificulte a circulación, principalmente a do transporte público e loxístico. Tamén indicaron que a vía non será de plataforma única, senón con beirarrúas elevadas, para favorecer a seguridade dos peóns e por petición dos transportistas e conductores de autobuses.

A programación dos traballos será a seguinte:

En primeiro lugar, mantendo o tránsito rodado, eliminaranse as prazas de aparcamento, e comézase coa ampliación das beiravías desa mesma marxe, por treitos.

Unha vez rematada esta parte, para o acondicionamento do pavimento e beirarrúas da outra marxe será necesario cortar o tráfico. Dende a Asociación Veciñal solicitamos que se sinalice con antelación o corte da rúa, para que os usuarios poidan escoller mellor rutas alternativas, e valoráronse como puntos necesarios un aviso no cruce de Avenida de Hércules con Ramón del Cueto, e outro no cruce da Avenida de Hércules coa rúa da Torre, para quen proceda da zona Avda. de Navarra – Orillamar. Procurouse que os cortes de tránsito coincidisen no verán, para evitar problemas pola coincidencia co curso escolar, e porque é previsible que haxa menos afluencia de vehículos e desprazamentos.

Comezaranse os traballos no treito dende a Glorieta do Campo da Leña ata a altura da rúa Atocha Alta, e o tránsito desviarase por esta última e pola Travesía Torre. Finalizado este treito, cortarase a parte de arriba deixando libre o cruce para desvíar o tráfico pola rúa do Traballo. A última actuación será no propio cruce, acondionando as beiravías e pasos de peóns.

A parada do bus da rúa da Torre será trasladada durante as obras á esquina da Avenida de Hércules coa rúa Ramón del Cueto, e o percorrido alternativo dos buses será Ramón del Cueto – Rúa Zalaeta – Rúa Hospital – Campo da Leña. Consultamos se non van realizar traballos de mellora na zona da parada de taxis e autobuses da rúa da Torre, e a resposta foi que non se vai actuar de momento, aínda que teñen pensado facelo no futuro co fin de aproveitar mellor o espazo, ampliando o lugar de espera e mellorando a marquesiña, ao estilo da que xa existe no Campo da Leña.

Quedan aínda cuestións sen detallar, como a natureza das prazas de aparcamento que se van crear na zona de Zalaeta e as características dos traballos nesta zona (na Travesía Victoria Fernández España, onde e como se van crear concretamente esas prazas, etc).

Aproveitamos para vos lembrar a importancia de acudir a esta cita, o próximo mércores 28 de marzo ás 19,30 h no Centro Cívico de Monte Alto, para achegardes as vosas dúbidas e suxestións ao plan.

 

 

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: