Comercio, Comunicacións Directiva, Mobilidade, Urbanismo

Xuntanza informativa sobre o proxecto de mellora da rúa da Torre


En resposta ao compromiso adquirido coa Asociación Veciñal de reunirse e informar aos comercios e veciños afectados polas obras, o Concello Torreconvoca unha xuntanza informativa o vindeiro mércores 28 de marzo ás 19,30 h no Centro Cívico de Monte Alto, na que se ofrecerá información  sobre o proxecto de mellora da rúa da Torre, e que finalmente será aberta a toda a veciñanza do barrio que desexe asistir. A actuación levarase a cabo no treito comprendido entre o Campo da Leña e as Rúas Marconi e Traballo, e en principio consistirá na ampliación das beirarrúas, suprimindo as prazas de aparcamento regulado de curta duración que existen na marxe dereita.

O acto contará coa presenza do concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, e o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz.

Aínda que dende a Asociación estaremos presentes, animamos a socias/os e veciñanza a que asistan e expoñan as súas dúbidas ou suxestións.

 

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: