Vimos de crear unha conta de Telegram, que queremos converter nunha canle aberta e directa de comunicación coa veciñanza.
Nós tentaremos manter información de novidades, non só da actividade propia, senón de novas e contidos que poidan interesar ao barrio; pero o máis interesante é que todos vós, todas as persoas, colectivos e asociacións de Montealto que queirades, podedes utilizala para contactar coa Asociación, para publicitar actividades propias, para facernos consultas, etc.
Para participardes, só tedes que descargar a aplicación aquí: https://telegram.org/ ou no PlayStore. A continuación, podedes acceder directamente no seguinte enderezo:
Agardámosvos!
Conversa
Aínda non hai comentarios.