Comunicacións Directiva

Información sobre a asemblea xeral anual e despedida do presidente.


Bo día a todas as socias e socios da entidade,

Informárvos de que o vindeiro venres 2 de marzo, ás 19:30 h. en primeira convocatoria e ás 20:00 h. en segunda, celebraremos a asemblea anual e a escolla da nova xunta directiva na nosa Biblioteca Veciñal do Campo de Marte.

Aproveitar esta ocasión para comunicarvos que eu, Alberte Fernández Mariño, logo de seis anos á fronte do noso colectivo, non me presentarei á presidencia do mesmo.

Son dous os motivos que me levan a tomar dita decisión:

O primeiro, porque sempre pensei que a rotación nos cargos é precisa para o bo funcionamento de calquera entidade e porque, consideramos, logo  deste tempo, acadamos os obxectivos marcados cando asumimos a directiva da mesma: impulsar novos proxectos (horta educativa comunitaria e club de lectura); mellorar o sistema de comunicación da nosa entidade coa veciñanza (redes sociais, blog, medios de comunicación…); recuperar as alianzas con outras entidades veciñais (pacto pola mellora do transporte público); paralización da construción de vivendas na Praza Galatea de Durmideiras; o derribo do vello edificio do Campo da Leña que era un perigo para a veciñanzao apoio ao proxecto “Mulleres Colleiteiras” que agora funciona por toda a cidade para recollida de aceite de cociña usado; integración da A.V.V. Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules no programa europeo de Erasmus + (a nosa compañeira Elena é froito desa integración); conseguir manter aberta a Biblioteca Veciñal e recuperar o convenio nominativo da mesma

O segundo, motivos familiares e novos proxectos persoais que requiren da miña atención.

Agradecer de todo corazón a vosa confianza, ao longo destes anos, na miña persoa e na directiva á que represento. A despedida formal será o devandito día 2 ante todas e todos vós. 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: