Comunicacións Directiva

Por un novo Plan de Transporte para a cidade da Coruña


Acción realizada pola nosa entidade denunciando as carencias da liña 17.

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, quere facer público o seu apoio á entidade veciñal de Novo Mesoiro na súa petición da mellora do transporte público no seu barrio así como na súa campaña “Queremos Existir”.

Do mesmo xeito, apoiamos a reivindicación de barrios como San Pedro de Visma, Labañou, As Roseiras e Bens á hora de reclamar unha nova liña de bus que os conecte mutuamente e tamén co centro de especialidades do Ventorrillo.

Este apoio público vén motivado porque dende hai máis de catro anos a nosa entidade está a solicitar un novo Plan de Transporte Publico para a cidade da Coruña e a súa área metropolitana ao tempo que reclamamos a conexión do noso barrio co centro hospitalario Materno Infantil onde, a día de hoxe, debemos realizar transbordos para poder chegar. Tamén denunciamos que, actualmente, só dous buses 17 conectan o noso barrio co CHUAC (cada 30 minutos por semana) e só un 17 as fins de semana que pasa cada hora.

Recordamos que o 17 de febreiro do 2016, a nosa entidade mantivo un encontro co concelleiro Daniel Díaz Grandío onde lle presentamos 1.111 sinaturas reclamando a devandita mellora. Pola súa banda, comunicou que “estaban traballando na modificación das liñas de bus da cidade e que se presentarían nos vindeiros meses”. A día de hoxe, 19 de xaneiro do 2018, a cidade da Coruña carece dese novo plan de transporte e, non só iso, senón que fai poucos días o alcalde da Coruña Xulio Ferreiro, nunha entrevista concedida aos medios, informou que “durante este ano (2018), farase unha consulta para que a remodelación das liñas non sexa unha cuestión imposta polo Goberno local.” Afirmación que pon nunha situación comprometida ao concelleiro Daniel Díaz Grandío: xa que indica que mentiu no 2016 cando dixo que estaba a traballar na modificación das liñas e nun novo plan de transporte e que, en dous anos, non se fixo nada neste sentido.

Do mesmo xeito, tampouco entendemos como un Goberno Municipal que chegou para mudalo todo segue sen facer as xestións oportunas para conseguir o abaratamento do aparcadoiro do Materno Infantil-Oncolóxico, un dos máis caros da cidade e o que debería estar para dar un servizo público á xente que, por necesidade, debe acudir dende diferentes partes da cidade e de Galicia a recibir tratamentos ao hospital .

Para finalizar, indicar que estaremos ao dispor do resto de asociacións veciñais da cidade nas súas reivindicacións e ofrecemos o noso apoio para o que fose preciso coa finalidade de acadar as melloras necesarias para a nosa xente e os nosos barrios.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: