Comunicacións Directiva

Información aos socios: Sobre o convenio nominativo e a situación da Biblioteca Veciñal.


Bo día, dende a xunta directiva queremos informar aos nosos socios do seguinte:

A piques de entrar no último trimestre do ano e, despois de poñernos en contacto a través dun escrito co Concelleiro de Cultura  solicitando o ingreso urxente do convenio nominativo da Biblioteca Veciñal deste ano 2017, a nosa entidade recibiu hoxe a contestación, a través dunha chamada telefónica dende a propia concellaría, informando que descoñecían cando procederían a tramitar dito convenio nominativo e cando efectuarían o ingreso.

Denunciamos o longo período que transcurre dende a entrega da documentación para a elaboración efectiva do convenio até o seu ingreso case a finais de ano. Un feito que pon en risco a  actividade da Biblioteca Veciñal e o pago ao personal que a atende.

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: