Comunicacións Directiva

Onte entregamos as seguintes solicitudes ao Concello da Coruña


Dende a Xunta Directiva informamos que, no día de onte, enviamos os seguintes solicitas de deficiencias do barrio:

  1. Veciñanza da rúa San Antonio solicita que se trasladen os contenedores, que se atopan á altura do número 17, porque pensan que poderían interromper o acceso de vehículos de emerxencias no caso de ser preciso. Queren que se trasladen a un espazo onde non molestasen no caso da necesidade antes mencionada.

  2. A veciñanza informa da presenza de plumachos en Santo Amaro (xunto ao Hotel), pola ronda de Monte Alto, detrás do Cárcere… polo que solicitan a súa eliminación e control para evitar a súa expansión.

  3. Obrigar á reparación do valado situado na rúa da Torre, no solar (nº47) ao carón do San Brandán.

  4. Mellorar a contorna do Centro de Saúde de Orillamar, que se atopa en moi mal estado.

  5. Mellorar a rúa Pintor Román Navarro que se atopa en moi malas condicións.

  6. Reparar avarías da luz na mazá que colle as rúas San Antonio, Santa Cecilia, Valencia e Faro (dende a tronada)

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

Somos entidade colaboradora co Servicio Voluntario Europeo

A %d blogueros les gusta esto: