Este sábado 13 de maio ás 11:00 na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, a nosa entidade celebrará un pequeno acto homenaxe aos 40 anos da súa existencia. Por ese motivo, queremos convidarvos a todas as persoas que queirades pasar con nós este día.
Será un acto sinxelo no que descubriremos unha placa homenaxe a todas esas persoas que abriron o camiño da loita veciñal e a todas esas persoas que, a día de hoxe, seguen a ter na Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules a súa casa.
Conversa
Trackbacks/Pingbacks
Pingback: La A.V.V. Atochas-Monte Alto celebra su 40 aniversario - Barrio de Monte Alto - Maio 13, 2017