Comunicacións Directiva

Desmentindo a falsa información divulgada pola Voz de Galicia.


Noticia errónea que aparece na Voz de Galicia do día de onte 3 Maio 2017.

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto quere, a través do seguinte comunicado, desmentir a falsa información divulgada pola Voz de Galicia no día de onte 3 de maio do 2017.

En dita noticia, o xornal recolle que a nosa entidade apoia un suposto traslado do proxecto “Mi Casita” ao noso barrio e, máis concretamente, á rúa Orillamar. Unha información que é totalmente falsa e que, descoñecemos, se se trata dun erro ou dunha acción intencionada por parte da persoa que escribe a citada nova coa finalidade de confundir á veciñanza da zona e de infundir o medo entre ela.

Solicitamos unha rectificación pública do citado xornal e, se o precisan, remitímoslles de novo a nota de prensa onde, en ningún momento, falamos desa suposta solicitude de traslado dos módulos á contorna do Cemiterio de Santo Amaro.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: