Comunicacións Directiva, Mobilidade, Urbanismo

Debate Aberto: “A Mobilidade Peonil no Barrio de Monte Alto”


cartaz-debate-mobilidadeA Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, quere informar da celebración dun debate aberto na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte o vindeiro xoves 15 de decembro ás 20:00.

A importancia deste debate radica no feito de que falaremos da mobilidade peonil en Monte Alto e tamén dos diferentes (ou similares) puntos de vista políticos sobre a estrutura actual e futura do noso Barrio: peóns, vehículos e aparcamento.

Como entidade veciñal e logo do proxecto presentado polo Concello da Coruña baixo o título do “Camiño do Vixía”, pensamos que é esencial o acordo unánime de todas as organizacións con representación no Pleno Municipal para que as melloras sexan consensuadas e teñan continuidade no futuro. Casos como o carril bus no seu día ou a restrición de circulación e/ou aparcamento noutras rúas da cidade que se fixeron e desfixeron por gobernos municipais anteriores fan que tomemos esta medida.

Intervirán no debate:

  • Xiao Varela (Concelleiro de Rexeneración Urbana)
  • Begoña Freire (Concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular)
  • Yoya Neira (Concelleira do Grupo Municipal do Partido Socialista)
  • Avia Veira (Concelleira do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego)

Os puntos do debate serán tres:

1. A situación da mobilidade no Barrio na actualidade: peóns, vehículos e aparcamento.

2. Propostas políticas.

3. Intervención veciñal.

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: