Comunicacións Directiva, Dereitos Sociais

A entidade veciñal apoia ás traballadoras e traballadores de Extel afectados polo ERE


extelLogo da chamada solicitando o apoio da nosa entidade veciñal por parte de familias do Barrio con persoas afectadas polo ERE da empresa Extel, a directiva decidiu apoiar as mobilizacións coa finalidade de que se manteñan os seus postos de traballo.

Do mesmo xeito, facemos un chamamento a toda a veciñanza para que apoien ditas mobilizacións. Polo que nos contan ás pretensións da empresa son desfacerse de 205 traballadores/as. Unha cifra que supón o 58% do total de persoas que se verán afectadas polo ERE presentado por Extel -compañía subcontratada por Movistar para a realización de servizos de atención telefónica- en todo o estado.

Dende o comité de empresa queren que transmitamos o seguinte: “Formulan o ERE por causas organizativas, aludindo a que non hai traballo, pero iso é mentira. O que fai Movistar é desviar as chamadas para outras empresas, tanto dentro do estado español como fóra, en vez de remitilas ao centro da Coruña”.   

Tamén solicitan que as clientas e clientes de Movistar demanden a atención telefónica en galego. “Iso garante os postos de traballo na nosa terra”. “A clientela ten que esixir nos seus contratos ser atendida en galego, así xa se evita que as chamadas sexan desviadas ás plataformas doutras cidades ou incluso a fóra do estado“.

Quen queira acodir á mobilización esta será o día 6 de outubro (xoves) que sairá ás 20:00 horas da tenda de Movistar na rúa Ramón y Cajal e irá até a Praza de Pontevedra. 

Na defensa dos postos de traballo da nosa veciñanza, acudide!

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: