Comunicacións Directiva, Ecoloxía, Urbanismo

Aprobada por unanimidade a modificación do PXOM para protexer a Torre e Durmideiras.


2012-08-09_IMG_2012-08-02_01.45.19__8001840

Asemblea celebrada en Agosto do 2012 na Praza Galatea.

Informamos ás veciñas e veciños que, no día de onte, o Pleno Municipal aprobou por unanimidade a modificación do PXOM para a protección da contorna da Torre de Hércules e para evitar a futura construcción de edificios na Praza Galatea (Canteira de Durmideiras).

Podedes ler a nova no xornal “La Opinión”: “La Corporación aprueba por unanimidad proteger el entorno de la Torre de Hércules”


Dende a entidade veciñal queremos facer público o seguinte comunicado:

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través de seguinte comunicado, quere facer público o seu agradecemento ao Pleno Municipal pola aprobación na sesión de onte, e por unanimidade, da modificación do PXOM para a protección da contorna da Torre de Hércules.

Consideramos que a decisión é unha vitoria da veciñanza, logo das manifestacións e represión que sufriu na pasada lexislatura cando decidiron contestar á imposición do Concello da Coruña do traslado da edificabilidade da Agra de Santo Amaro á Canteira de Durmideiras.

Salientar que esta modificación tamén debe encamiñarse á eliminación dos focos de suciedade ao carón dos campos de fútbol da Torre. Uns focos que, dende hai tempo, a veciñanza leva reclamando a súa eliminación.

Agardamos que a decisión de onte sexa o comezo dun tempo novo para o urbanismo na cidade da Coruña, parabenizamos a unanimidade na decisión e recordamos que Durmideiras precisa moitas melloras que levamos tempo reclamando e que deben ser atendidas.


+ Para saber máis: Toda a historia na defensa de Durmideiras.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: